Agasallo 8-M
Bos días.Neste 8 de marzo un pequeno agasallo para as traballadoras do noso Concello. Serán repartidas ó longo desta semana. Parabéns a todas.
Bos días.Neste 8 de marzo un pequeno agasallo para as traballadoras do noso Concello. Serán repartidas ó longo desta semana. Parabéns a todas.
Para reivindicar o papel das mulleres dos nosos pobos está a realizarse un mural no forno do Cabo de Barrio (Vilar de Barrio). Se queres colaborar, achégate!!!Os traballos, a cargo da creadora Iria Prol, comezaron esta mañá e proseguirán ata o luns. Amosamos o boceto: …
Dende o Centro de Saúde están avisando diariamente ás persoas ás que lles toca vacinarse. Deste xeito, asegurámosnos que ninguén quede sen vacinarse por causa de non ser localizado.
Hai un grupo de 19 persoas maiores de 80 anos que teñen problemas para desprazarse. A estes veciños virán vacinalos a súa casa. Están todos avisados.
Diariamente vacinan a unha media de 300 persoas en toda a Comarca. Segundo nos comunica o Sergas, na comarca o proceso de vacinación dos maiores de 80 anos rematará en 10 dìas.
Saúdos e ata mañá!
Dende o Sergas están chamando a tod@s @s veciñ@s maiores de 80 anos para vacinalos en Xinzo.Chaman, en primeiro lugar, aos que o primeiro apelido comeza por H e seguen por rigurosa orde alfabética.O aviso é telefónico polo que é moi importante asegurarse de que …
Destaca nestes bos datos, Vilar de Barrio, onde só hay un caso. O mellor concello da Limia xunto con Vilar de Santos, con outro único caso. Fonte: https://www.dendealimia.com/articulo/xeral/74-positivos-menos-nunha-semana-limia/20210221172727024814.html
Vídeo das decoracións de entroido dos veciños de Vilar de Barrio.
Non sacamos os disfraces, nin vemos as mascaritas, pero eso non significa que non poida haber risas.
A empresa autorizada pola Xunta de Galiza para a recollida de aceites de cociña usados, comunicounos que durante o ano 2020 reolleu un total de 50Kg.Estes resíduos contaminarían 55.000 litros de auga. Grazas pola vosa colaboración!!!
Casos positivos: 1
Trátase dunha persoa ligada ó núcleo de Vilar de Gomareites, á que, de novo, desexamos unha moi pronta recuperación. As probas realizadas ás persoas do seu entorno deron resultado negativo. Con todo e segundo o protocolo sanitario, permanecen confinadas.
De novo, pregamos a máxima prudencia e o estrito cumprimento das medidas sanitarias.
Moito ánimo e boa fin de semana a tod@s!