I Roteiro 4×4 Romasanta – 29 de febreiro

I Roteiro 4×4 Romasanta – 29 de febreiro

O Concello de Vilar de Barrio xunto cos concellos de Maceda e de Laza, colaboran na celebración do I Roteiro Romasanta na serra de San Mamede (Ourense).

O nome do roteiro fai referencia ao «home do unto»… e toda a súa historia percorre unha paraxe incomparable.

Según os organizadores é un roteiro preparado co obxectivo principal de GOZAR DA NATUREZA, A FAMILIA E OS AMIGOS. Apta para calquera vehículo incluídos os SUV. Consta dalgunhas especiais para vehículos máis preparados. Todas elas con alternativa.

O programa comeza o venres 29 de febreiro cunha cea de benvida para os máis precoces.

O sábado 1 de marzo o roteiro sairá de Vilar de Barrio, cun percorrido duns 80 km por toda a serra e cearemos sobre as 21:30.

O domingo 2 de maro haberá un trial no Concello de Maceda e unha comida de despedida.

Este roteiro servirá tamén como carta de presentación do novo club BLOKEA2.

Máis Información e inscricións:
» https://www.zumbalacazan4x4.com/es/evento/1719/i-ruta-romasanta/