O Centro de Día e Fogar Residencial de Vilar de Barrio organiza obradoiros de saúde dirixidos a personas maiores, coidadores das persoas dependentes ou a todas as persoas interesadas na saúde do noso Concello e comarca.

  • 11 febreiro | Prevención de caídas e seguridade no fogar
  • 10 marzo | Sumándolle vida aos anos. Distinción entre envellecemento e patoloxías.
  • 14 abril | Alimentación e dieta. Prevención da diabetes e da hipertensión.
  • 8 maio | Adestramento no uso de próteses e orteses. bo uso e conservación.
  • 9 xuño | Hixiene do sono e técnicas de relaxación.

O obradoiros celébranse no Centro e serán de 15.30h a 17.30h

Máis información:
Centro de Día e Fogar Residencial de Vilar de Barrio
Avd. San Fiz s/n  32702 Vilar de Barrio
centrodiavilar@troncoso.es
Tel. 988 680 671