Situación Covid-19 en Vilar de Barrio a 2 de febreiro

Situación Covid-19 en Vilar de Barrio a 2 de febreiro

Dende o sábado 30 de Xaneiro, segundo o rexistro do SERGAS, consta un único positivo no noso Concello. Con todo, esta persoa, á que desexamos unha pronta recuperación, non reside no Municipio.


Por outra banda, como consecuencia dos gromos xurdidos noutros Concellos, varios veciños seguen confinados preventivamente.


Afortunadamente, nos últimos días os Municipios limítrofes están a experimentar un descenso substancial do número de casos.


En todo caso, debemos manter a prudencia, REDUCINDO A MOBILIDADE e cumprindo coas medidas de seguridade.


GRAZAS A TOD@S POLA VOSA COLABORACIÓN