Situación Covid-19 en Vilar de Barrio a 25 de febreiro

Situación Covid-19 en Vilar de Barrio a 25 de febreiro

Dende o Centro de Saúde están avisando diariamente ás persoas ás que lles toca vacinarse. Deste xeito, asegurámosnos que ninguén quede sen vacinarse por causa de non ser localizado.


Hai un grupo de 19 persoas maiores de 80 anos que teñen problemas para desprazarse. A estes veciños virán vacinalos a súa casa. Están todos avisados.


Diariamente vacinan a unha media de 300 persoas en toda a Comarca. Segundo nos comunica o Sergas, na comarca o proceso de vacinación dos maiores de 80 anos rematará en 10 dìas.


Saúdos e ata mañá!