Entradas recientes

Vilar de Barrio impulsa a participación cidadá para definir o seu futuro

Vilar de Barrio impulsa a participación cidadá para definir o seu futuro

O concello de Vilar de Barrio impulsa unha fase estratéxica do proxecto financiado polo Ministerio de Reto Demográfico co obxectivo de identificar necesidades reais e deseñar unha carteira de proxectos aliñada coa Axenda 2030. Vilar de Barrio, 10/04/2026 O Concello de Vilar de Barrio inicia 

Vilar de Barrio converte 14 pobos nun grande espazo de reflexión colectiva pola igualdade e contra a violencia machista

Vilar de Barrio converte 14 pobos nun grande espazo de reflexión colectiva pola igualdade e contra a violencia machista

O concello de Vilar de Barrio estrea este 8 de marzo a exposición itinerante “Voces pola eliminación da violencia contra a muller”, unha iniciativa cultural e reivindicativa que reúne textos de autoras como Yolanda Castaño, Olga Novo ou Chus Pato distribuídos por diferentes localidades do 

Vilar de Barrio lanza unha campaña informativa para garantir internet no 100% do seu territorio

Vilar de Barrio lanza unha campaña informativa para garantir internet no 100% do seu territorio

·         Tras a visita do alcalde Manuel Conde a Hispasat en Madrid, o Concello activa un plan informativo pobo a pobo sobre a conexión vía satélite dentro do programa estatal Conecta35, subvencionado polo Ministerio para a Transformación Dixital para combater o despoboamento rural.


Vilar de Barrio, 03/03/2026

O Concello de Vilar de Barrio lanza unha estratexia integral para garantir o acceso a internet de banda ancha na totalidade do seu termo municipal, afrontando con determinación os condicionantes derivados da súa configuración montañosa. A iniciativa articúlase tras a recente visita institucional do alcalde, Manuel Conde, á sede de Hispasat en Madrid, onde se avanzou na implementación do programa Conecta35, impulsado polo Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública. Este programa, enmarcado na axenda de cohesión territorial e dixitalización rural, busca facilitar o acceso a internet de alta velocidade en zonas onde as solucións convencionais —fibra óptica ou rede móbil— presentan limitacións estruturais.

Neste contexto, os próximos días 10 e 11 de marzo un equipo técnico especializado chegado dende Madrid percorrerá distintos núcleos do municipio para explicar, de forma personalizada, as posibilidades de conexión vía satélite e as condicións económicas do servizo subvencionado. Tal e como sinalou o alcalde Manuel Conde: «Vivimos nun concello moi fermoso, cunha serra marabillosa na que nace ou noso Río Arnoia, pero esta singular orografía de val e montaña fan que existan zonas de moi complicada cobertura para o despegue de fibra ou mesmo internet vía telefonía (Rebordechao, Prado, Riobó…). A idea de promocionar dende o concello o programa Conecta35 fundaméntase na aposta decida por ofrecer internet de banda ancha por satélite a un prezo competitivo en zonas sen cobertura. Estamos convencidos que é unha moi boa oportunidade para a nosa veciñanza«.

Vilar de Barrio precisaría máis de medio millón de euros para recuperar os camiños esnaquizados polas fortes choivas dos últimos dous meses

Vilar de Barrio precisaría máis de medio millón de euros para recuperar os camiños esnaquizados polas fortes choivas dos últimos dous meses

O Concello de Vilar de Barrio contabiliza preto de 20 quilómetros de pistas afectadas polos intensos episodios meteorolóxicos rexistrados en xaneiro e febreiro. Estas vías resultan estratéxicas para garantir o acceso a granxas e explotacións agrogandeiras —piar fundamental da economía local— e forman parte ademais 

Vilar de Barrio aproba as contas para a anualidade 2026

Vilar de Barrio aproba as contas para a anualidade 2026

Pese á limitada marxe de gasto que deixa o gasto corrente e de persoal, o goberno municipal reserva o 25% para investimentos reais que permitan seguir cubrindo os servizos básicos e, ao tempo, apostar por novas vías de desenvolvemento. Vilar de Barrio, 16/02/2026 O Concello 

Vilar de Barrio reforza a súa posición como referente en España da valorización da pataca e a dinamización do medio rural

Vilar de Barrio reforza a súa posición como referente en España da valorización da pataca e a dinamización do medio rural

O concello de Vilar de Barrio, que celebrará este ano 2026 a 47ª edición da popular Festa da Pataca, intégrase na Rede Nacional de Pobos Produtores de Pataca como parte da súa estratexia contra o despoboamento.

Vilar de Barrio, 28/01/2026

O Concello de Vilar de Barrio consolida o seu liderado na valorización da produción local de pataca como panca de desenvolvemento territorial, cohesión social e dinamización económica. Esta posición materialízase na recente integración do municipio na Rede Nacional de Pobos Produtores de Pataca, formalizada na sesión previa á III Gala dos Premios Nacionais da Pataca celebrada en Medina del Campo o pasado 22 de xaneiro.

Processed with VSCO with we7 preset

Esta rede recoñece á Festa da Pataca de Vilar de Barrio como unha ferramenta estratéxica que durante case medio século permitiu a valorización de produto, promoción territorial e dinamización do sector. Este evento non só visibiliza a calidade da produción local, senón que xera un impacto directo en hostalería, comercio e turismo rural, contribuíndo a diversificar a base económica do municipio. Neste ano 2026 celebrarase a 47ª edición, un evento xa plenamente consolidado no calendario agroalimentario galego.

A recente incorporación de Vilar de Barrio á Rede Nacional de Pobos Produtores de Pataca supón un recoñecemento institucional á traxectoria do municipio na promoción deste cultivo estratéxico. Esta integración facilitará o acceso a sinerxias interterritoriais, intercambio de boas prácticas e novas oportunidades de comercialización.

Processed with VSCO with we7 preset

O Concello enmarca estas accións nunha estratexia integral de apoio aos sectores primario e terciario, onde a produción agraria compleméntase coa creación de eventos, experiencias e marca territorial. Este enfoque responde á evidencia que subliña que a combinación de actividade agraria, identidade local e economía de servizos é un dos factores crave para fixar poboación en áreas rurais.

En Vilar de Barrio entendemos que apoiar aos nosos produtores e, ao mesmo tempo, xerar actividade económica ao redor dos nosos recursos é fundamental para garantir futuro no territorio”, sinala o alcalde do municipio. “A pataca é parte da nosa identidade, pero tamén é unha oportunidade real de emprego, emprendemento e proxección exterior. A Festa da Pataca e a nosa presenza neste tipo de redes reforzan esta folla de ruta”.

A folla de ruta que apunta Manuel Conde, alcalde de Vilar de Barrio, está a desenvolverse a través de diversos proxectos impulsados desde a oficina técnica municipal, creada no marco das axudas do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) para proxectos de dinamización territorial e loita contra o despoboamento.

Con estas actuacións, Vilar de Barrio avanza cara a un modelo de desenvolvemento rural baseado en recursos endóxenos, innovación social e cooperación institucional, procurando ser referencia na articulación entre agricultura, identidade territorial e economía local.

Proxecto para o incremento da biodiversidade

Proxecto para o incremento da biodiversidade

 Subvención executada polo Concello de Vilar de Barrio, ó  abeiro da Ordedo 29 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva de axudas a entidades locais de Galicia para a aplicación de solucións baseadas 

Concurso de Nadal 2025

Concurso de Nadal 2025

Decoración e iluminación de espazos públicos e vivendas Fagamos de cada recuncho de Vilar de Barrio un pequeno conto de Nadal. ¿Quen pode participar?• A veciñanza, asociacións, comisións de festas, negocios e colectivos do concello que decoren un espazo públicoou local habilitado e accesible ao 

Mellora da rede de saneamento Rebordechao – Vilar de Barrio

Mellora da rede de saneamento Rebordechao – Vilar de Barrio

Plan provincial para Vilar de Barrio

Plan provincial para Vilar de Barrio

Plans provinciais de cooperación para as obras e servizos municipais: Obras de señalización, Cabezal para desbrozadora, e honorarios de dirección.