Bases concurso Nadal 2024
Bases reguladoras do concurso de Nadal 2024.
Primeiro: obxetivos.
1- Encher os nosos pobos de cor, ledicia e ambiente de Nadal.
2- Promocionar Vilar de Barrio como destino atractivo de consumo con motivo das
festas navideñas.
3- Dinamizar e promover as xuntanzas entre @s veciñ@s do concello.
Segundo: características e mecánica do concurso.
1- As persoas que queiran participar no engalanado de espazos públicos, deben
comunicar antes do día 18 de decembro do 2024 o espazo ou espazos que usarán para
reservalos no teléfono 988449001.
2- A data límite para presentar os traballos rematados é o 23 de decembro de 2024.
(Fotos e vídeos ao correo electrónico servizossociais@vilardebarrio.gal).
3- Poderá participar calquera espazo público ou local (alpendres, pallozas…) habilitados
e cedidos para tal finalidade, coa condición de que queden TOTALMENTE expostos ao
público durante o nadal.
4- A valoración dos traballos farase por unha comisión formada por vari@s veciñ@s
das diferentes parroquias do concello entre os días 24 e 30 de decembro do 2024 en base
os criterios sinalados nesta convocatoria. (www.vilardebarrio.gal)
5- @s gañador@s anunciaranse telemáticamente o día 2 de xaneiro do 2024, serán
avisados individualmente para a recollida dos premios.
6- Valorarase todo o conxunto do engalanado, facendo especial hincapé no traballo
artesanal e non sexa repetido doutros anos.
PREMIOS
Os premios dos espazos públicos ou habilitados para tal fin serán en metálico:
1° Premio 500€
2° Premio 300€
3° Premio 200€
A todos os participantes non premiados, se lles bonificará con 50€ en metálico.
**Para calquera dúbida ou consulta chamar a Lucía 607329684 **
Por último, agradecer a tod@s @s participantes pola súa ilusión e esforzo, cada ano máis e mellor