Bases Do Concurso de Nadal 2021
Bases Reguladoras do Concurso de Nadal 2021
Primeiro: OBXETIVOS
1- Encher os nosos pobos de cor, ledicia e ambiente de Nadal.
2.- Promocionar Vilar de Barrio como destino atractivo de consumo con motivo das festas navideñas, premiando aos gañadores de dito concurso polo seu esforzo.
Segundo: CARACTERÍSTICAS E MECÁNICA DO CONCURSO
2- As persoas que queiran participar engalanando casas e/ou facendo manualidades deben enviar as fotos ó correo servizossociais@vilardebarrio.gal
3- As persoas que queiran participar no engalanado de espazos públicos deben comunicalo antes do día 17 de decembro do 2021. A fecha límite para presentar os traballos é o 27 de decembro do 2021.
4- A valoración de todos os traballos farase pola comisión formada por 8 veciños e veciñas das distintas parroquias do Concello o día 2 Xaneiro do 2022.
5- Os gañadores anunciaranse telemáticamente o día 3 de Xaneiro do 2022, serán avisados individualmente e a recollida de premios será no mesmo Concello en horario laboral do mesmo ao longo desa semana.
6- Os citados premios son:
- CASAS ENGALANADAS: 3 cestas de Nadal ( elaboradas con produtos e servizos do comercio local)
- MANUALIDADES: 3 agasallos artesanais.
- ESPAZO PÚBLICO: 1º Premio: 500€ (repartidos en 20 bonos de 25€ de cor Vermello)
2º Premio: 300€ ( repartidos en 15 bonos de 20€ de cor amarelo)
3º Premio: 200€ ( repartidos en 10 bonos de 20€ de cor verde)
7- En cada negocio poderase canxear un bono de cada cor; son 28 os negocios nos que se poden usar, estarán sinalados cun distintivo.
8- LISTAXE DE NEGOCIOS NOS QUE SE PODE CANXEAR O PREMIO:
- Aluminios Arnuide
- Desbroces Manuel
- Estética Luma
- Carpintería Meno
- Agro Arnuide
- Panadería San Lorenzo
- Peluquería M.Carmen
- Peluquería Patricia
- Supermercado Covirán
- Panadería Hermanos Gómez Villar
- Pub Palmera
- Bar Xuventude
- Aluminios Dacal
- O Estanco
- O Feitizo da Meiga
- Comercio Tomás
- Supermercado Merche
- Supermercado Tandy
- Cafetería Xanela
- Distribuciones Alfonso
- Gasocentro San Fiz
- Talleres Alto da Corga
- Bar Sinda
- Bar A Taberna
- Taller Jumasa S.L
- Panadería O Forno de Penouzos
- Panadería Lage
Agradecer aos comerciantes e empresas pola colaboración e interés, e a todos/as os/as participantes pola súa ilusión e entrega.