Concurso de Nadal 2022

Bases Reguladoras do Concurso de Nadal 2022:
PRIMEIRO: obxetivos.
1- Encher os nosos pobos de cor ,ledicia e ambiente de Nadal.
2- Promocionar Vilar de Barrio como destino atractivo de consumo con motivo das festas navideñas, premiando @s gañador@s de dito concurso polo seu esforzo.
SEGUNDO: características e mecánica do concurso.
1- As persoas que queiran participar engalanando casas e/ou facendo manualidades, deben enviar as fotos ó correo servizossociais@vilardebarrio.gal
2- As persoas que queiran participar no engalanado de espazos públicos,deben comunicar antes do 9 de decembro do 2022 o espazo que usarán para reservalo.
Teléfono de contacto: 988 449 001
3- A fecha límite para presentar tódolos traballos é o 23 de decembro do 2022.
4- A valoración de todos os traballos farase por una comisión formada por varios veciñ@s das distintas parroquias do Concello entre os día 24 e 30 de decembro do 2022 en base aos criterios sinalados na convocatoria 2021 (www.vilardebarrio.gal)
5- @s gañador@s anunciaranse telemáticamente o día seguinte a valoración, serán avisados individualmente e a recollida de premios será no mesmo Concello en horario laboral do mesmo ao longo desa semana.
PREMIOS: serán tres por categoría.
1- Casas engalanadas: 3 cestas de Nadal ( elaboradas con produtos e servizos do
comercio local).
2- Manualidades: 3 agasallos artesanais.
3- Espazos públicos:
- 1º Premio: 500€
- 2º Premio: 300€
- 3º Premio: 200€
O premio de espazos públicos será en metálico,coa condición de que sexan canxeados nos diferentes negocios do Concello ao longo do ano 2022-2023.
***Agradecer aos comerciantes e empresas pola colaboración e interés, e a tod@s @s participantes pola súa ilusión e entrega.
