Concurso de Nadal 2025

Decoración e iluminación de espazos públicos e vivendas
Fagamos de cada recuncho de Vilar de Barrio un pequeno conto de Nadal.
¿Quen pode participar?
• A veciñanza, asociacións, comisións de festas, negocios e colectivos do concello que decoren un espazo público
ou local habilitado e accesible ao público durante todo o Nadal.
• Todas as vivendas do concello que decoren o exterior (fachadas, xardíns, balcóns, entradas, etc.).
¿Que se pode decorar?
• Calquera espazo público ou local cedido para tal fin (alpendres, pallozas, soportais, prazas, cruceiros, etc.), a
excepción da Praza do Toural que estará destinada ao grupo de voluntarias/os, e o Parque Infantil de Vilar de
Barrio, que será destinado para a montaxe dos alumnos/as do CEIP Vilar de Barrio.
• O exterior das vivendas (balcóns, fachadas, xardíns, entradas, etc.).
As montaxes teñen que quedar TOTALMENTE expostas e accesibles ao público durante todo o Nadal.
¿Como participar?
- Reserva do espazo público:
– Comunicar antes do 18 de decembro de 2025 o espazo ou espazos que se van usar, indicando o nome da persoa
responsable do grupo, un teléfono de contacto e o espazo a decorar, e facer a reserva no teléfono 988 449 001. - Decoración e envío de fotos/vídeos:
– A data límite para presentar os traballos rematados é o 23 de decembro de 2025.
– Enviar fotos e/ou vídeos ao correo electrónico: turismo@vilardebarrio.gal - Valoración dos traballos:
– Realizarase por unha comisión formada por veciños/as das diferentes parroquias do concello,
entre os días 24 e 30 de decembro, segundo os criterios desta convocatoria.
Criterios de valoración
• O conxunto do engalanado, o deseño global e a súa coherencia.
• A decoración e o coidado dos detalles, así como a harmonía das cores empregadas.
• O traballo artesanal e creativo, valorando que non sexa repetido doutros anos.
• O uso de materiais reciclados ou naturais e o respecto polo medio ambiente.
• A iluminación e o impacto visual, especialmente en horario de tarde-noite.
• Nos espazos públicos primarase o uso de iluminación cálida (luces amarelas) e gamas de cor que axuden a
manter unha mesma liña estética no conxunto do concello.
• A posta en valor de elementos e tradicións locais.
Premios
Espazos públicos
• 1o premio: 500 €
• 2o premio: 300 €
• 3o premio: 150 €
Vivendas
• Existirán 6 premios de 50 € para vivendas, a gastar no comercio local durante todo o ano.
Máis información e contacto
• Bases completas e actualizacións: www.vilardebarrio.gal
• Correo electrónico: turismo@vilardebarrio.gal
• Teléfono de reservas: 988 449 001
• Para calquera dúbida ou consulta: Toni 635 482 477

Facebook 