DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 8 DE MARZO DE 2021
O 8 DE MARZO CONMEMÓRASE O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.
PARA REIVINDICAR O PAPEL DAS MULLERES DOS NOSOS POBOS, REALIZOUSE UN MURAL “MULLERES COCENDO O PAN” NO ANTIGO FORNO DE VILAR DE BARRIO.
O CONCELLO DE VILAR DE BARRIO TAMÉN QUIXO AGASALLAR CUNHA BOLSA BAIXO O EMBLEMA “LOITADORAS! HOXE E SEMPRE” A TODAS AQUELAS MULLERES TRABALLADORAS DO NOSO CONCELLO. ESTAS ACTIVIDADES ESTÁN FINANCIADAS POLA XUNTA DE GALICIA.
VISTO O INTERESE SUSCITADO POLOS VECIÑOS/AS DO CONCELLO NO AGASALLO, INFÓRMASE QUE TODAS AQUELAS PERSOAS QUE DESEXEN ADQUIRIR UNHA BOLSA PODERÁN MERCALA CONTACTANDO COS SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO ONDE SE LLES ACHEGARÁ A INFORMACIÓN NECESARIA.