Ordenanza fiscal da taxa do lixo

Ordenanza fiscal da taxa do lixo


Artigo 2º- Feito impoñible
1.- Constitúe o feito impoñible da taxa de prestación de servizo de recepción obrigatoria, a recollida de residuos sólidos
urbanos no termo municipal de Vilar de Barrio, o seu transporte
aos centros de eliminación e posterior tratamento.
Entenderase de recepción obrigatoria o servizo prestado a
todas as vivendas, e establecementos ou locais destinados a
calquera tipo de actividade susceptible de produción de residuos sólidos urbanos, incluídas as que carezan de contido económico.
2.- A prestación do servizo a cada vivenda, local ou establecemento constitúe un feito impoñible diferenciado, dando
lugar ao dereito a cobrar a correspondente taxa, incluso nos
supostos en que varias vivendas, locais ou establecementos
pertenzan a un mesmo suxeito pasivo.
3.- Non están suxeitos á taxa as vivendas, locais ou establecementos nas que concorra calquera das seguintes circunstancias
de feito:
Atoparse en estado de ruína oficialmente declarado polo
Concello de conformidade coa lexislación urbanística vixente. A
declaración de non suxeición e correspondente baixa no padrón
producirase de oficio.
Tratarse de inmobles non susceptibles de uso ou ocupación.
Para estes efectos, considéranse como tales unicamente os
inmobles que carezan dos servizos de: subministración de auga
potable, evacuación de augas residuais e subministración de
enerxía eléctrica. Enténdese que o inmoble carece destes servizos cando estea dado de baixa como usuario en todos os servizos sinalados, con carácter definitivo, pola entidade subministradora ou prestadora. No caso de que non se acredite este
extremo, o inmoble considerarase utilizable ou ocupable e
devindicará a taxa correspondente.
4.- Para os efectos da definición do feito impoñible, considérase lixo domiciliario e residuos sólidos urbanos os restos e desperdicios de alimentación ou detritos procedentes da limpeza
normal de vivendas ou locais. Exclúense de tal concepto os
residuos de tipo industrial, entullos de obras, detritos humanos, materias e materiais contaminados, corrosivos, perigosos
ou dos que a súa recollida ou vertedura esixa a adopción de
especiais medidas hixiénicas, profilácticas ou de seguridade.
Artigo 3º- Suxeitos pasivos
1.- Son suxeitos pasivos da taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas e as entidades ás que se refire
o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria, que soliciten ou resulten
beneficiadas ou afectadas polos servizos ou actividades que
presten ou realicen as entidades locais, de conformidade co
artigo 23.1 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, que aprobou o Texto
refundido da Lei reguladora das facendas locais.
En consecuencia, son suxeitos pasivos contribuíntes nesta
taxa as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria, que ocupen ou utilicen as vivendas, establecementos e
instalacións de calquera uso, sexa a título de propietario ou
usufrutuario, habitacionista ou arrendatario.
2.- Terán a condición de substitutos do contribuínte, nas taxas
establecidas por razóns de servizos ou actividades que beneficien ou afecten aos ocupantes de vivendas ou locais, os propietarios dos ditos inmobles, quen poderán repercutir, no seu
caso, as cotas sobre os respectivos beneficiarios, de conformidade co artigo 23.2 do citado RDL 2/2004.
Artigo 4º- Responsables
1.- Responderán solidariamente do pagamento desta taxa
xunto cos suxeitos pasivos substitutos do contribuínte, os beneficiarios da prestación do servizo por utilizar ou ocupar as
vivendas ou locais.
Artigo 5º.- Cota tributaria
A cota da taxa regulada nesta ordenanza será a fixada nas
tarifas contidas neste artigo, que consistirá nunha cantidade
fixa anual.


A taxa esixirase de acordo co seguinte cadro de tarifas:
Tipos de uso; importe tarifa en euros/ano
Vivendas; 55 €
Bares e restaurantes; 90 €
Comercios; 90 €
Talleres e fábricas; 90 €
Almacéns e supermercados; 90 €
Fornos e panaderías; 90 €
Farmacia; 90 €
Perruquerías; 90 €

Casas rurais e pensións; 90 €
Albergues, 90 €
Outras obras; 90 €
Estacións de servizo –gasolineiras; 150 €
Establecementos financeiros; 150 €
Artigo 6. Período impositivo e devindicación.
O período impositivo coincidirá co ano natural, a devindicación da taxa producirase o 1 de xaneiro de cada ano e as cotas
serán irredutibles coa excepción dos supostos de alta e variación de actividades económicas nos que se producirá o rateo
por semestres. Tamén se producirá o rateo por semestres no
caso de baixas de actividades económicas que fosen presentadas no Concello.
Artigo 7.- Infraccións e sancións.
En materia de infraccións e sancións relacionadas coas taxas
reguladas nesta ordenanza fiscal, ateranse ao disposto na Lei
xeral tributaria e demais normativa aplicable para o efecto.
Disposición final.
Esta ordenanza fiscal entrará en vigor o día da súa publicación
no Boletín Oficial da Provincia, comezará a aplicarse o 1 de
xaneiro de 2020 e permanecerá en vigor en tanto non se acorde
a súa modificación ou derrogación expresa
Contra este acordo, conforme ao artigo 19 do Texto refundido
da Lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real decreto
lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, poderase interpor recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín
Oficial da Provincia, na forma e prazos que establecen as normas
reguladoras da xurisdición contencioso-administrativa.
Vilar de Barrio, 24 de decembro