Plan de mellora de camiños municipáis (FEADER)

O concello de Vilar de Barrio é beneficiario dunha subvención do ente público AGADER para a mellora de camiños municipais acceso a explotacións agrarias. Dita subvención ten un importe de 34.752,00€ e faranse actuacións de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas no concello no tramo Prado-Rebordechao.

Esta actuación está enmarcada nos plans FEADER a través do ministerio de agricultura e da Xunta de Galicia.