REALIZACIÓN DE ACCIÓNS DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS DURANTE OS ANOS 2025-2026

CONVENIO ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E A ENTIDADE LOCAL, CONCELLO DE VILAR DE BARRIO, PARA A REALIZACIÓN DE ACCIÓNS DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS DURANTE OS ANOS 2025-2026, COFINANCIADO PARCIALMENTE CO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER) NO MARCO DO PLAN ESTRATÉXICO DA POLÍTICA AGRARIA COMÚN (PEPAC) 2023-2027.
Realizaranse os traballos de prevención de incendios, dentro do ámbito municipal da entidade local, en:
- Vías e camiños forestais, áreas de devasas ou nas faixas de xestión da biomasa de titularidade municipal.
- Zonas de servidume de camiños e valgadas dentro das zonas de xestión de biomasa.
- Parcelas incluídas na rede de faixas secundarias de xestión de biomasa do Concello.
Facebook 