Situación Covid-19 a 31 de maio
Bo día!
A Consellería de Sanidade comunicou, no día de onte, a alta do único positivo rexistrado no Concello. A persoa afectada afortunadamente está xa recuperada. Alegrámosnos por elo!
Xa que logo, a día de hoxe e do mesmo xeito que no resto da comarca da Limia, non temos ningún caso no Concello.
Rogamos, con todo, se manteñan as medidas de seguridade!
Grazas a todos pola vosa colaboración!