Situación Covid-19 en Vilar de Barrio a 22 de Xaneiro

Situación Covid-19 en Vilar de Barrio a 22 de Xaneiro
  • A situación do Concello mantense sen cambios: seguimos con 2 casos positivos. As persoas afectadas atópanse ben. Desexámoslle que axiña se recuperen totalmente!!!
  • Aínda que a situación no noso Concello se mantén relativamente estable, esta pode mudar drásticamente en calquera momento (como desafortunadamente está a acontecer nalgúns Concellos da nosa comarca). Por elo, debemos seguir extremando as precaucións: dada a evolución da pandemia na contorna, recomendamos especialmente REDUCIR A MOBILIDADE, realizando exclusivamente aqueles desprazamentos imprescindibles.

O Concello permanece atento á evolución da pandemia tanto na comarca da Limia, como noutros municipios colindantes. Con todo, agás cambios substanciais, non emitiremos novo comunicado ata o vindeiro luns.

Dende o Concello de Vilar de Barrio queremos amosar a nosa solidariedade e apoio aos veciños doutros Concellos neste momento especialmente afectados.

Moito ánimo a todos e moitas grazas pola vosa colaboración!!!