Situación Covid-19 en Vilar de Barrio a 28 de Xaneiro

Situación Covid-19 en Vilar de Barrio a 28 de Xaneiro


A situación no Concello é a seguinte:

Hoxe foi dada de alta a persoa afectada do núcleo de Arnuide, polo que o número total de positivos, según datos do Sergas, é de 3. Con todo, lembramos que estas persoas non se atopan neste momento no Concello. En todo caso, desexámolles unha pronta recuperación.


Por outra banda, os gromos doutros Concellos están provocando o confinamento dalgúns veciños.
Pregamos de novo prudencia e a REDUCCIÓN DA MOBILIDADE ó mínimo imprescindible.


Moitas grazas pola vosa colaboración.
Ánimo!!!