Situación Covid-19 en Vilar de Barrio a 4 de febreiro
O Concello rexistra na actualidade un único caso positivo. Trátase dun caso novo (asintomático) vinculado ó núcleo de Arnuide.
Por outra banda, neste mesmo pobo, atópanse confinadas dúas persoas polo seu contacto con outro positivo residente en Ourense.
Noutros núcleos seguen confinadas persoas que tiveron contacto con gromos xurdidos noutros Municipios.
Os Concellos limítrofes seguen experimentando unha evolución favorable.
Pregamos evitar a interrelación con non convivintes, reducir a mobilidade e seguir cumprindo as medidas sanitarias. Só así podemos seguir contendo a propagación do virus.
Moito ánimo ós novos afectados!!!
Grazas polo voso comportamento e compromiso coa saúde de todos.