SOMOS REFERENTES IV: VOLUNTARIADO INTERXERACIONAL MEDIOAMBENTAL E DE RECUPERACION DE MICROTOPÓNIMOS
Outro ano máis, durante os meses de setembro e outubro levouse a cabo a actividade de voluntariado “SOMOS REFERENTES IV: VOLUNTARIADO INTERXERACIONAL MEDIOAMBENTAL E DE RECUPERACION DE MICROTOPÓNIMOS”. Este ano o proxecto centrouse na limpeza da contorna e a recuperación de microtopónimos a través do programa “Galicia Nomeada” que promove a Xunta de Galicia.
- Por unha banda, as persoas voluntarias encargarónse de limpar tanto nos núcleos das aldeas, coma nas estradas e caminos do noso Concello.
- Por outro lado, a recuperación de topónimos do noso Concello, en colaboración coa Real Academa Galega (RAG), onde tamén preparamos unha xornada cos mais novos do noso Concello.
Este programa está financiado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través da Dirección Xeral de Xuventude dentro das Subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais de Galicia para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento Interxeracional, no marco do PRTR – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU para o ano 2024. Cod. Prod BS508E.
Xornada explicativa programa Galicia Nomeada