SOMOS REFERENTES V: VOLUNTARIADO INTERXERACIONAL. RECUPERACION DE OFICIOS TRADICIONAIS

SOMOS REFERENTES V: VOLUNTARIADO INTERXERACIONAL. RECUPERACION DE OFICIOS TRADICIONAIS

O programa de voluntariado SOMOS REFERENTES V: VOLUNTARIADO INTERXERACIONAL. RECUPERACION DE OFICIOS TRADICIONAIS levou a cabo a derradeira actividade cunha fornada de doces tradicionais acompañada dunha chocolatada en Porto.

A xornada comezou cos preparativos dos doces no forno de Porto, pola tarde houbo degustación de doces cun chocolate e amenizado con música e baile tradicional.

Este programa está financiado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través da Dirección Xeral de Xuventude dentro das Subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais de Galicia para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento Interxeracional, no marco do PRTR – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU para o ano 2025. Cod. Prod BS508E