Vilar de Barrio Concilia 2021

Vilar de Barrio Concilia 2021

Rematado o Vilar de Barrio Concilia 2021 realizado durante os meses de xullo e agosto e financiado pola Secretaria Xeral da Igualdade a través do Fondo Social Europeo (FSE), achegamos fotografías dalgunhas das actividades realizadas:

  • Supervivencia na natureza (construcción de cabanas),
  • Kayac na Ribeira Sacra,
  • Fotografía na natureza,
  • Geocaching e robótica, obradoiro de arte con barro,
  • Manualidades con reciclaxe, sendeirismo,
  • Rutas BTT e piscina.

Grazas a todas as nais e pais que confiaron no Concello de Vilar de Barrio, ás nenas e nenos pola súa colaboración e entusiasmo e aos monitores pola súa profesionalidade e adicación!

Vémosnos no Concilia 2022!