Vilar de Barrio avanza cara a un futuro enerxético sostible coa fundación da Asociación «Vilar de Barrio Enerxía»

Vilar de Barrio avanza cara a un futuro enerxético sostible coa fundación da Asociación «Vilar de Barrio Enerxía»

O Concello de Vilar de Barrio, co apoio de 9 veciños e veciñas, constituíu, o pasado 4 de abril, a asociación “Vilar de Barrio Enerxía”. Esta asociación permitirá aos veciños unirse para xerar e compartir enerxía renovable, o que reducirá significativamente os seus custos de enerxía e contribuirá ao coidado do medio ambiente.

Para facilitar a participación dos veciños e veciñas de Vilar de Barrio, lanzarase proximamente unha páxina web onde poderán atopar máis información sobre a asociación e un formulario para asociarse.

Para máis información sobre a Asociación «Vilar de Barrio Enerxía» e sobre como participar, por favor, póñase en contacto a través do teléfono 988 449 001 ou envíe un correo a notificacions@vilardebarrio.gal.