Subvencións a concellos e mancomunidades destinadas a actuacións en materia de accesibilidade de competencia municipal.

Subvencións a concellos e mancomunidades destinadas a actuacións en materia de accesibilidade de competencia municipal.

O Concello de Vilar de Barrio é beneficiario da axuda convocada pola Xunta de Galicia en base á “ORDE do 6 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas aos concellos e mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de accesibilidade de competencia municipal, ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, de conformidade co Regulamento (UE) número 2021/241, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e se convocan para o ano 2023”.

 A actuación consiste na MELLORA DA ACCESIBILIDADE DE BEIRARRÚAS NO NÚCLEO DE ARNUIDE,  por importe de 48.395,00euros.